20100925

Curso sobre música, liturxia e vida
Javier R. (Comunidade Caná)


OBXECTIVOS
> Preparar o camiño do Amor, que se achega á persoa “agachada” debaixo de cada responsable, sacerdote, catequista ou docente.
> Recoñecer e analizar os tesouros da liturxia. Renovar a visión da música e da liturxia dende unha perspectiva bíblica.
> Mellorar as competencias celebrativas das/os docentes, catequistas e axentes de pastoral.
> Integrar os coñecementos musicais e litúrxicos na actividade docente e catequética, para empregalos de xeito creativo e construtivo.
> Utilizar axeitadamente os distintos recursos e instrumentos para facer máis viva a liturxia.
> Manifestar unha actitude positiva, integradora e actual diante da tradición litúrxica cristiá.
> Valorar a música e a liturxia como integrantes da nosa cultura, dende un punto de vista histórico e polo seu papel na sociedade actual.

CONTIDOS
> A música dende unha perspectiva bíblica.
> Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto.
> Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos.
> Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música e catequese.

> A música no Catecismo e noutros documentos da Igrexa Católica.


LIBRO "El Espíritu Santo en clave de sol" (PDF)

.

.

.